Monday 29 de April de 2024

A Xunta destina 170.000€ ao apoio ás persoas sen fogar a través dun convenio coa Cruz Vermella


O Executivo autonómico realiza tamén outros programas para a atención a persoas sen fogar a través das orde de entidades, a concellos e con cargo á casilla social do IRPF aos que destina anualmente máis de 2 millóns de euros

A Xunta destinará 170.000 euros ao apoio ás persoas sen fogar a través dun convenio de colaboración coa Cruz Vermella. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu hoxe á presentación deste programa na sede da Cruz Vermella nesta cidade onde explicou o cometido destas actuacións.

O director xeral sinalou que a través desta iniciativa ofrécese apoio ás persoas sen fogar, información, asesoramento social e legal, acompañamento especializado para a mellora das competencias persoais, sociais e laborais. Un importante apoio, subliñou, que se levará a cabo por parte dos equipos técnicos de Cruz Vermella que conta cunha ampla experiencia neste eido.

O Goberno galego realiza ademais diferentes programas de atención a persoas sen fogar a través das ordes de axudas dirixidas a entidades de iniciativa social, con cargo á casilla social do IRPF e a concellos que anualmente convoca. Nestas convocatorias existen liñas dirixidas a persoas sen fogar e a eles destinouse anualmente máis de 2 millóns de euros.